lunes, 17 de marzo de 2014

IMOS CONTAR UN CONTO

Pois, imos contar un conto,
un conto moi especial.
Non sabemos de que trata
mais pronto se saberá.

Ao mellor é de lobos
ou tamén doutro animal.
Pode ser de sereas
ou tamén dun paspallás.

Pois, imos contar un conto,
un conto moi especial.
Non sabemos de que trata
mais pronto se saberá.

Teremos ollos abertos,
o cu pegado no chan.
Coas orellas escoitando,
axiña imos comezar.

Pois, imos contar un conto,
un conto moi especial.
Non sabemos de que trata
mais pronto se saberá.

Estaremos moi atentos 
para poder imaxinar
o son que fan os paxaros
tamén as ondas do mar.

Pois, imos contar un conto,
un conto moi especial.
Non sabemos de que trata
mais pronto se saberá.

E se gusta moito o conto,
poderiamos contar
un segundo e un terceiro
o cuarto para rematar

Pois, imos contar un conto,
un conto moi especial.
Non sabemos de que trata
mais pronto se saberá.


No hay comentarios:

Publicar un comentario