jueves, 10 de abril de 2014

OBRADOIRO DE POESÍA

ANDORIÑAS

Guiada da man dun soño
a Primavera chegou.
E todas as andoriñas
no ceo azul convocou.

Todo é voar e voar
e andar de aquí pra alá.
Todo é nun ir e nun vir
dende aquí deica acolá¡

Voan pra riba, pra baixo¡
Voan ao alto, voan ao fondo¡
Voan en liña seguida,
en picado en redondo.

           Manuel María ( fragmento).

No hay comentarios:

Publicar un comentario