jueves, 20 de febrero de 2014

A BIBLIOTECA

A BIBLIOTECA, AMADO ESPAZO DE LIBERDADE

Onde todas as palabras existen, estás ti comigo, aínda que xa non vais ao meu carón.
Onde todos os libros habitan, tamén hai un oco habitable no que ti vives canda min.
Onde todas as historias, grandes ou pequenas, contadas ou cantadas, teñen cabida, a túa historia é unha máis das que fan que este mundo ula mellor.
Onde os bicos saben a papel.
Onde o papel ten a suavidade das caricias.
Onde o silencio está preñado de contidos
Onde todo é posible entre catro paredes, porque a imaxinación veradeira xamais será coutada con paredes...
Aí, no centro do corazón de todas as cousas,
onde latexa a túa risa cando un bo conto te fai rir,
onde brilla de emoción a túa ollada cando un poema te soubo emocionar,
onde tremes de medo, porque añguén desde o outro lado dunha páxina impresa fala coa voz dos seres que asustan,
ou vibras de felicidade, porque nada fai máis feliz que sentirse repleto de vida, da propia e das alleas que chegan a nós para incorporarse á nosa pel e viaxarmos xuntos até o final...
aí, na biblioteca,
amado espazo de liberdade,
farei un niño pequerrecho,
un acocho morno,
un leito de agarimo,
onde ti,
meu ben,
saibas que te amo
con mentiras de mentira.
Porque non hai máis amor có de contar, debuxar e ler as palabras que son que de recollernos a vida nun aceno. O aceno de pasar as páxinas dun libro e saber, pantrigo, que es ti quen me espera no capítulo seguinte dunha historia que, quizais, alguén teña un día que contar.
Pero es, como sabes, xa será outra historia.

                 Xosé A. Neira Cruz

No hay comentarios:

Publicar un comentario