lunes, 3 de febrero de 2014

LINGUA :O POTE FENDIDO

       Un carrexador de auga, aló na India, transportaba dous potes grandes ata a casa dos seus clientes.
 
       Cada pote ía pendurado na punta dunha vara que el cargaba, atravesada por detrás do seu pescozo e apoiada nos ombreiros.
 
       Un dos potes era vello e tiña unfa fenda. O outro estaba impecable. Así, mentres o pote perfecto chegaba cheo de auga á casa do amo, o pote fendido conservaba apenas a metade do liquido, pois o resto ía pingando pola fenda.
 
        E este era o motivo de que, durante dous anos, diariamente, o carrexador de auga só entregase un pote e medio de auga na casa do seu cliente.
 
        O pote perfecto estaba orgulloso do labor que desenvolvía, pois cumpría plenamente co seu cometido. Pola contra, o pote fendido sentíase avergoñado da súa imperfección e por non poder realizar nada máis ca a metade do traballo para o que el estaba destinado.
 
        E ao decatrse de que, durante eses dous anos, a súa fora unha falla amarga, un día estaban a carón do pozo, faloulle, entristecido, ao carrexador:
 
        ´- Estou avergoñado. Quero pedirche que me desculpes.
 
         - Por que ? - preguntou o home -. De que estás avergoñado?
 
         - Fágoche perder tempo e esforzo. Nestes dous anos eu só fun capaz de entregar a metade da carga que debería levar. Teño unha fenda no costado que fai que, no treito do pozo á casa do cliente, se vaia baleirando a auga polo camiño. E por culpa deste meu defecto, ti tes que facer todo ese traballo e non gañas o salario completo - dixo o pote fendido.
 
          O home mirou con compaixón o vello pote e comentoulle :
 
          - Cando sabamos para a casa do cliente , quwero que vaias fixando nas flores que hai ao longo do camiño.
 
          E asó foi, a medida que subían a montaña, o vello pote fendido observou as fermosas e coloridas flores que adornaban a beira do camiño por onde ía pasando.
 
          Isto deulle certo ánimo pero, aínda e todo, ao final do percorrido seduía a sentirse mal porque caera a metrade da auga que levaba. E de novo pediulle ao carrexador que o desculpase por tan lamentable perda.
 
          Daquela o home díxolle ao apesarado pote:
 
         - Cando ías polo camiño, decatácheste que só había flores no teu lado? Eu xa sabía do teu pequeno defecto e que podía contar contigo. Sementei flores pola beira do camiño por onde ti pasas e, cada día, cando viañamos de pozo, fúchelas regando. Durante estes dous anos, a medida que ían nacendo e medrando, eu puiden coller esas fermosas flores para adornar a mesa do meu cliente.
 
          Se ti non foses como es, el non podería ter esa beleza para lle alegrar a casa. Todos me din que son as flores máis fermosas da rexión. E iso é grazas a ti. CONTO POPULAR HINDÚ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario