miércoles, 5 de febrero de 2014

APRENDO A ESTUDAR

Os estados da auga. A auga na natureza pode encontrase en estado sólido, liquido e gasoso. Cando a auga pasa dun estado a outro prodúcese un cambio de estado. Os cambios de estado son : fusión, evaporación, solifidicación e condensación.

 A auga na natureza . A maior parte da auga da Terra está nos mares e océanos. A auga dos continentes está na súa superficie nos ríos, nos lados , na neve e nos xeos das montañas e dos polos. Tamén hai auga subterránea empapando o terreo.

 O ciclo da auga. Nanatureza a auga é sempre a mesma e segue un camiño circular chamado ciclo da auga. Durante este percorrido a auga cambia de estado e de lugar. Primero evapórase, logo condénsase e forma as nubes, despois precipita, como chuvia, neve ou sarabia, e chega aos regatos e ríos, que devolven a auga ao mar.

 Os usos da auga. A auga é necesaria para moitas actividades humanas. Por iso hai que aforrala e non contaminala.





No hay comentarios:

Publicar un comentario