lunes, 27 de enero de 2014

COÑECEMENTO DO MEDIO: A AUGA

ENCONTRAR AUGA NO DESERTO

Para os habitantes do deserto de Kalahari saber onde hai auga é unha gran preocupación. Em ocasións as charcas sécanse e é moi difícil encontrala. Pero eles teñen un truco moi enxeñoso para logralo.

En primer lugar, teñen que capturar un babuíno, un tipo de mono que vive no deseerto. Cando o teñen, sen facerlle dano átano a unha árbore e déixanlle sal preto.

O babuíno come o sal, que lle encanta, e axiña comeza a sentir sede. Nese momento, deixan libre o mono, que vai correndo cara ao lugar máis próximo onda hai auga. Xa só teñen que seguilo para encontrala.


No hay comentarios:

Publicar un comentario