miércoles, 29 de enero de 2014

OBRADOIRO DE TEATRO

POR QUE UN OBRADORIO DE TEATRO
    
           A dramatización é unha forma de representación en que os alumnos e alumnas utilizan o corpo, a voz, e o espazo para expresar e comunicar ideas, sentimentos e vivencias.

           A actividades dramática engloba moitas áreas da aprendizaxe: a lingua, a psicomotricidade, a expresión corporal, a plástica, a música.., o que a converte nun recurso moi importante na ula dos exploradores de Vea.
arriba  telón...
A partir dos exercicios de dramatización, pódense suxerir uns obxectivos :
        - Comprender as posibilidades do son, a imaxe, o xesto e o movemento expresivo.
        - Estimular a cooperación e a integración en actividades en grupo.
        - Utilizar a voz e o propio corpo como instrumento de representación dramatica.
        - Planificar unha representación dramática identificando os compoñentes do proceso e os elementos expresivos que formarán parte da posta en escena.
          - Aprender a escoitar unha narración identificando os elementos dramáticos que a integran (argumento, personaxes, interaccións...).


No hay comentarios:

Publicar un comentario