viernes, 31 de enero de 2014

LER CONTA MOITO

O programa ‘Ler conta moito’ 2014 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece un catálogo con 162 propostas lúdicas para a dinamización da lectura a través da Rede de Bibliotecas de Galicia. As bibliotecas da rede que estean interesadas en programar actividades de ‘Ler conta moito’ poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 11 de febreiro, a través da páxinawww.rbgalicia.xunta.es, onde están accesibles os requisitos para participar no programa.


Obradoiros creativos, actividades de narración oral, proxeccións audiovisuais na biblioteca, actividades de dinamización con música, teatro, danza e maxia, exposicións, charlas e itinerarios guiados son as principais actividades do novo catálogo de ‘Ler conta moito’, un programa promovido pola Secretaría Xeral de Cultura para favorecer a promoción da lectura entre a cidadanía, especialmente entre os máis novos.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario